Actualidade e Noticias



Covelo acolleu un concerto do ciclo Entradiñas de Aninovo o 11 de xaneiro.
- 11/01/2026 -

11 de xaneiro de 2026, ás 17:00 horas, na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera, un concerto incluído na segunda edición do ciclo Entradiñas de Aninovo, impulsado pola Deputación de Pontevedra.

Concerto ao lecer a cargo da Banda de Música Municipal de Valga e da Orquestra Clásica de Valga, formacións nacidas dos grupos de cámara da Escola Municipal de Música de Valga (1996). Desde os seus inicios, ambas agrupacións teñen actuado en numerosos festivais e certames en Galicia, España, Portugal e América.

As dúas formacións están dirixidas por Manuel Villar Touceda, director cunha ampla traxectoria no panorama musical galego, baixo cuxa batuta acadaron recoñecemento nacional e internacional pola súa calidade interpretativa e polas súas propostas innovadoras.

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade