Actualidade e Noticias



A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Covelo, Pablo Castillo.
- 30/01/2026 -

No encontro mantido esta tarde en San Caetano, ao que tamén asistiu o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordáronse diferentes actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo, de interese para este municipio.

A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade