Actualidade e Noticias



A XUNTA INVISTE PRETO DE 41.000 EUROS NA INSTALACIÓN DE DÚAS NOVAS CALDEIRAS DE BIOMASA NO CENTRO DE SAÚDE DE COVELO
- 25/04/2026 -

O delegado territorial, que estivo acompañado polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, aproveitou a visita para facer fincapé na importancia de €colaborar cos concellos para impulsar actuacións que melloren os servizos públicos e revertan directamente na calidade de vida da veciñanza€ e lembrou que €a Xunta continúa apostando pola eficiencia enerxética como unha vía para avanzar cara a un modelo máis sostible e tamén máis eficiente desde o punto de vista económico€.

  • Na provincia de Pontevedra foron nove os concellos beneficiados por este fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local por valor de preto de 510.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá esta mañá o centro de saúde do concello de Covelo, onde se levaron a cabo actuacións de mellora enerxética consistentes na instalación de novas caldeiras de biomasa, grazas a unha achega de 41.000 euros procedente do Fondo de Cooperación Local.

En concreto, os traballos permitiron dotar ao centro dunha instalación térmica máis eficiente e sostible, mediante a incorporación de caldeiras de biomasa que substitúen sistemas máis tradicionais, contribuíndo así a unha redución do consumo enerxético e das emisións contaminantes, ao tempo que se garante un mellor confort para as persoas usuarias e o persoal sanitario.

 

O delegado territorial, que estivo acompañado polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, aproveitou a visita para facer fincapé na importancia de “colaborar cos concellos para impulsar actuacións que melloren os servizos públicos e revertan directamente na calidade de vida da veciñanza” e lembrou que “a Xunta continúa apostando pola eficiencia enerxética como unha vía para avanzar cara a un modelo máis sostible e tamén máis eficiente desde o punto de vista económico”.

 

Cabe destacar que este tipo de actuacións enmárcanse no compromiso do Goberno galego coa modernización das infraestruturas públicas municipais, apoiando aos concellos na execución de proxectos que contribúan á sustentabilidade e á optimización dos recursos enerxéticos.

 




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade