Actualidade e Noticias



A XUNTA FINANCIA CON 36.000 EUROS A MELLORA DA ACCESIBILIDADE DO MULTIUSOS DE COVELO E A CREACIÓN DUNHA MARQUESIÑA NA SÚA TERRAZA
- 20/05/2026 -

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros
Covelo (Pontevedra), 19 de maio de 2026.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de mellora da accesibilidade do edificio multiusos de Covelo, unha actuación que foi posible grazas a unha achega da Xunta de máis de 36.000 euros.

A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local, que beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 662.000 euros. 

Acompañado polo alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo, o delegado comprobou o bo resultado das obras que consistiron na construción dunha rampla de acceso na porta principal e que tamén incluíron a colocación dunha marquesiña na terraza do edifico que permitirá protexer das inclemencias do clima aos usuarios do espazo. 

Reguera aproveitou a visita para poñer en valor a importancia deste tipo de actuacións que “apostan pola inclusión de toda a veciñanza e dan resposta a unhas necesidades que, pese a ser moi locais, teñen un gran impacto no concello” e asegurou que “a Xunta seguirá apostando por desenvolver liñas de colaboración con todas as administracións para, entre todos, construír unha Galicia máis próspera e amable”. 


    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade