Actualidade e Noticias



Remata con éxito o Curso de Operador/a de Carretilla Elevadora en Covelo
- 03/06/2026 -

O Concello de Covelo fixo entrega onte dos diplomas e carnés acreditativos ás persoas participantes no Curso de Operador/a de Carretilla Elevadora, desenvolvido dentro da 2ª fase do X Plan Municipal de Formación para o Emprego 2026.
A formación, celebrada os días 1, 2 e 3 de xuño, permitiu ás persoas asistentes adquirir os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para o manexo seguro de carretillas elevadoras, obtendo unha acreditación que mellora as súas oportunidades de inserción laboral.

Dende o Concello de Covelo queremos felicitar ás persoas participantes pola súa implicación e aproveitamento do curso, reafirmando o noso compromiso coa formación orientada ao emprego e coa creación de novas oportunidades laborais para a veciñanza.

Lembramos ademais que continúa aberta a programación formativa do X Plan Municipal de Formación para o Emprego 2026, con novas accións dirixidas preferentemente a persoas desempregadas empadroadas no municipio.

Seguimos traballando por un Covelo con máis formación, máis oportunidades e máis emprego.


    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade