23/02/2026AVISO IMPORTANTEO Concello informa de que, debido a unha avaría na rede de auga no centro de Covelo detectada o pasado sábado 21/02/2026, o subministro permanecerá pechado hoxe 23.02.26 a partir das 10:30 h durante aproximadamente 3 horas.
Estase a traballar na reparación da incidencia co obxectivo de solucionar o problema o antes posible. Dado que é difícil calcular o tempo exacto da reparación, irase informando puntualmente de cando se restablece o subministro.
Pregamos desculpen as molestias ocasionadas e agradecemos a súa comprensión.