Novas
30/01/2020
O venres 14 de febreiro remata o prazo para a participación veciñal na planificación do IV Plan de Formación do Concello de Covelo.
Os cursos inicialmente propostos ata o de agora - en función das demandas dos veciños interesados no ano 2019 - son os seguintes:

Xardinería, redes sociais, seguridade en internet para pais, lingua de signos 2º nivel, acompañante de transporte escolar e comedor, acceso a internet, redes sociais, certificados electrónicos, correo electrónico, prevención de riscos en manexo de maquinaría forestal, monitor/a de tempo libre, cultivo de froiteiras e oliveiras, curso de caixeiro-a/repoñedor-a.


Poden facer propostas no relativo a novos cursos, á planificación dos cursos de formación que máis lle interesan, as datas e horarios de impartición, etc.
27/01/2020
Anuncio de contratación de 16 persoas ó amparo do Plan Concellos 2020
Requisitos básicos para acceder ao posto; consultar as bases no BOPP nº1 de 2/1/2020. As datas de inicio e finalización poden variar en función dos prazos administrativos e das necesidades dos servizos.
24/01/2020
Axuda Tarxeta Benvida 2020
Axuda económica para as familias que no ano 2020 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos. Prazo de solicitude de dous meses a contar dende o 1 de xaneiro de 2020.
23/01/2020
Prestación económica por fillo/a a cargo menor de tres anos 2020
Prazo de presentación da solicitude ata o 10 de marzo de 2020.
15/01/2020
Anuncio da programación anual 2020 de Roteiros Guiados e Xornadas da Portas Abertas do Serradoiro dos Carranos
As actividades consistirán en 22 rutas que percorrerán a totalidade da Rede Municipal de Roteiros (RMR) e se realizarán ao longo de todo o ano 2020, coa intención de poder desfrutar das diferentes paisaxes e sensacións que se poden apreciar e sentir nas distintas estacións do ano. Ademais ofrecemos 4 xornadas de Portas Abertas da Aula de Natureza e Serradoiro dos Carranos nos meses de Xaneiro, Abril, Xullo e Outubro.

[1498 noticias - Página 176 de 300]   [anteriores] [171] [172] [173] [174] [175] [176] [177] [178] [179] [180] [181] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade