Novas
13/03/2019
Entrega de trampas de captura de raiñas de Vespa Velutina 2019
É agora na primavera, a mellor ocasión para colocar as trampas e o atraínte en aqueles lugares que existen colmeas ou árbores en flor, de tal maneira que coa captura das raiñas, que son as únicas activas nesta época, estaremos evitando a proliferación de futuros niños polo entorno.
Poderanse recoller nas oficinas do concello de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres ata rematar existencias.
12/03/2019
Campamentos de Verán - DEPOAVENTURA A Lanzada 2019
Prazo de presentación de solicitudes ata o 28 de marzo de 2019
05/03/2019
Presentación do vídeo: "Covelo coa Igualdade."
Sábado 9 de marzo a las 19:00 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
01/03/2019
Programa Depotermal Balnearios 2019
Dirixido a persoas maiores de cincuenta anos, o prazo de solicitude remata o 29 de marzo.
06/02/2019
Concedida a contratación de 17 traballadores ó amparo do Plan Concellos 2019
Para o coñecemento de tódolos veciños e veciñas do Concello de Covelo, pola presente infórmase que ó abeiro da 'Liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais' do Plan de Obras e Servizos 2019 (regulado polas bases publicadas no BOPP nº 2 de data 3 de xaneiro de 2018) se procederá á contratación de 17 traballadores ó longo do ano 2019.

[1446 noticias - Página 180 de 290]   [anteriores] [175] [176] [177] [178] [179] [180] [181] [182] [183] [184] [185] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade