13/10/2025 Cursos para pemes e autónomos na sala multiusos do Concello de Covelo. Marketing e tendas online: 13, 14, 15 e 16 de outubro, de 16:00 a 18:00 h.
Trámites dixitais e factura electrónica: 20, 21, 22 e 23 de outubro, de 16:00 a 18:00 h.
Aplica a intelixencia artificial no teu negocio: 27, 28, 29 e 30 de outubro, de 16:00 a 18:00 h.
10/10/2025 I Xornada de Enfermaría Rural. O vindeiro venres 10 de outubro ás 17:30h, o Colexio Oficial de Enfermaría de Pontevedra, en colaboración co Concello de Covelo e o Concello de Mondariz, organiza no Auditorio Municipal de Covelo a primeira edición da Xornada de Enfermaría Rural.