Axenda
22/11/2023
VII Plan de Formación 2023 4ª fase
As persoas interesadas deben presentar coa maior brevidade a solicitude de inscrición nas Oficinas Municipais ou través da sede electrónica na páxina web do Concello de Covelo.
21/11/2023
Xuntos polo Nadal
Se vas a pasar só estas festas e tes máis de 60 anos, comparte celebracións, actividades e bos momentos con outros maiores nas Residencias de Tempo Libre da Xunta.
20/11/2023
Fotografías premiadas no concurso para o Calendario do Concello de Covelo 2024
19/11/2023
Portas abertas Serradoiro Carranos 2023
Xornada de novembro de portas abertas do Serradoiro dos Carranos e da Aula de Natureza, Domingo, 19 de novembro, visita interpretada do Serradoiro dos Carranos e aula de natureza, xoia etnográfica na parroquia de Maceira. Visitas guiadas as 10h, 12h, 14h e 16h en grupos organizados.
?Inscricións a partir do luns 13 de novembro.
Son actividades gratuitas previa inscrición no teléfono 654500652 (Julio Eiroa), que forman parte dun calendario de actividades turísticas do Concello de Covelo e Diputación de Pontevedra.
18/11/2023
IV Concurso Fotográfico Calendario Concello de Covelo 2024
A temática para o concurso fotográfico será "Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio".
Prazo de admisión concurso e para presentar as fotografías remata venres 17.11.2023 ás 13.30 h. na biblioteca municipal

[1659 noticias - Página 47 de 332]   [anteriores] [42] [43] [44] [45] [46] [47] [48] [49] [50] [51] [52] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade