Actualidade e Noticias

Nova marquesiña en Covelo.

O Concello de Covelo informa de que xa está instalada a nova marquesiña no exterior do Edificio Multiusos, na Travesía de Vigo, onde se atopan a Biblioteca Municipal, a escola infantil Galiña Azul, o Auditorio e a Sala Multiusos.
A partir do 17 de decembro de 2025, a veciñanza poderá facer uso desta nova parada oficial de autobús, creada para ofrecer maior comodidade e protección ás persoas usuarias do transporte público.
Seguimos traballando para mellorar os espazos públicos e facilitar o día a día da cidadanía.

17/12/2025



Covelo reafirma o seu compromiso contra a violencia machista no acto do 25N.

25N - Declaración institucional.
O Pleno do Concello de Covelo aprobou por unanimidade a declaración da FEGAMP contra a violencia machista.
Condenamos toda forma de violencia, o machismo e o negacionismo, e reafirmamos o compromiso de apoiar ás vítimas e defender a igualdade.
Mañá 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres procederemos a lectura da declaración da FEGAMP e faremos 1 minuto de silencio polas vítimas na entrada do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo ás 13.15 h.
En Covelo dicimos: non estades soas.

25/11/2025



A Deputación leva este venres a Covelo a proxección do documental €Honeymoon€ no marco do Ciclo Mestre Mateo

A proxección da longametraxe de Enrique Otero terá lugar no Auditorio municipal ás 20:30 horas
O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, remata este ano neste concello tralo seu paso por Marín, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa


25/11/2025



Covelo acolle unha fin de semana de caza con protagonismo feminino nos montes da Graña e San Salvador de Prado.

Este pasado fin de semana, os montes de Covelo foron escenario dunha xornada de caza singular e chea de simbolismo, coa destacada presenza de mulleres cazadoras procedentes de diferentes puntos de Galicia e do norte de Portugal. A actividade desenvolveuse nos tecores da Graña e de San Salvador de Prado, coa colaboración e acompañamento dos seus presidentes e cazadores locais.

05/10/2025



O programa €Mareas de Coñecemento€ cos seminarios senior, levou á veciñanza de Covelo a descubrir o patrimonio románico da contorna.

As persoas participantes, maiores de 50 anos, visitaron as ruínas da igrexa románica de Casteláns (século XII) e tiveron a oportunidade de contemplar varios arcos ornamentais que hoxe se conservan nos xardíns do Gran Hotel de Mondariz Balneario.

25/09/2025



[638 Actualidade e Noticias - Página 5 de 128]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade