Axenda
18/12/2022
VIII Galardóns "Sintete Covelo 2022"
Aberta a convocatoria dos "VIII Galardóns Síntete Covelo", coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, as artes, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e a nosa paisaxe.
14/12/2022
Plan Corresponsables - Servizo de Conciliación
Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Actividades para nenos e nenas nacidos entre o 2006 e 2019 que realizarán no horario non lectivo e así poder favorecer un tempo libre saudable a través de actividades lúdicas e socioeducativas ao mesmo tempo que as súas familias non estean dispoñibles para elas.
13/12/2022
13.12.2022 ás 19 h - Tarde informativa sobre a saúde do pé.
Impartida no auditorio municipal de Covelo polo podólogo do Programa "Coidados Porta a Porta" da Xunta de Galicia.
13/12/2022
Programa Coidados Porta a Porta 13-14-15-16 de diciembre de 2022
Consultas de PODOLOXÍA, AUDICIÓN E ESTIMULACIÓN DA MEMORIA.
Na zona da Area para Autocaravanas en Covelo cerca do centro de saúde os días 13-14-15-16 de decembro de 2022 de 9.00 h a 20.00 h
Información e cita: 622.748.283 e 623 546 992 ou coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
12/12/2022
3º PLAN DE IGUALDADE de OPORTUNIDADES de MULLERES e HOMES CONCELLO DE COVELO 2022-2026
Durante o 2022 dende o Concello de Covelo avaliouse o II PLAN DE IGUALDADE de
OPORTUNIDADES de MULLERES e HOMES CONCELLO DE COVELO 2018-21 e realizouse o 3º PLAN DE IGUALDADE de OPORTUNIDADES de MULLERES e HOMES CONCELLO DE COVELO 2022-2026.

[1659 noticias - Página 77 de 332]   [anteriores] [72] [73] [74] [75] [76] [77] [78] [79] [80] [81] [82] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade