Novas
Teatro no Auditorio Municipal de Covelo.
- 08/10/2023 -
Co programa "Tornar ás táboas" da Deputación de Pontevedra desfrutaremos dunha tarde de teatro para publico familiar coa obra de teatro "A Illa da Deslembranza".
Domingo 08.10.2023 ás 19 h. no auditorio municipal de Covelo.
Onde rematan os recordos que non están ben amarrados?
Quen se encarga de levar da nosa mente todas esas historias vividas e que non nos lembramos delas?
Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar?
Como Uxía, unha nena de dez anos, pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade