Actualidade e Noticias



O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe
- 03/05/2024 -

Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense
O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de clubs e patinaxe da provincia de Pontevedra e Ourense que competirán na segunda fase de niveis 1, 2 e 3 de patinaxe libre.


Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artística esta proba conta co apoio de Deporte Galego da Xunta de Galicia e atraerá a centos de persoas ao Concello de Covelo durante os días 4 e 5 de maio.


O Club organizador convida a todas as persoas a participar deste espectáculo deportivo xa que a entrada é gratuíta.


No encontro participarán o Club Bolboreta de Redondela, o A.D Sobre Rodas, o Ribex, o Arealonga Chapela, o AEHDE, o Rodeiras e o Castrelos. Tamén o Carpa, Valladares, Blossom, Luar, Salvaterra, Ánfora, Coruxo e Gondomar. Ademais o domingo será o turno do Eixo Gondomar, Balaídos, Nigrán, Condado, Soutomaior, Vagalume, Ourela, Patín Porriño, Tea, Covelo, El Olivo e Indalo.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade