Axenda
04/03/2022
Apoio e Solidariedade ou pobo de Ucraína.
O Concello de Covelo quere facer público o seu apoio ao pobo de Ucraína e manifestar a súa repulsa a todo acto de violencia.
Dende o Concello de Covelo ofrecémonos como destino para posibles acollementos e pómonos a disposición das autoridades para recibir, na medida das nosas posibilidades, á poboación ucraína que precise un lugar para vivir esta dura etapa. Ademais, animamos a todos os veciños e veciñas que estean interesados en ofertar unha vivienda para acollida que nolo comuniquen para trasladarllo ás autoridades do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
04/03/2022
Campamento Depo Aventura A Lanzada 2022 da Deputación de Pontevedra
Para nenos e nenas nacidos entre o 2009 e 2014 (ambos os dous incluídos).
02/03/2022
Entrega de trampas de captura de Raíña de Vespa Velutina.
Póñense a disposición 100 trampas e 200 doses de atraínte para todas as persoas que estean interesadas na súa colocación e seguimento (1 por persoa) coa intención de capturar o maior numero de exemplares de raíñas de vespa velutina.
26/02/2022
Entroido 2022
A asociación de veciños e veciñas de Maceira organiza o concurso de comparsas de Entroido o 26.02.2022 coa colaboración do concello de Covelo.
23/02/2022
Anuncio axudas Consellería do Medido Rural.
Axudas destinadas a:
- Construír novas instalacións.
- Mellorar as existentes.
- Realizar plantacións e mellora de cultivos.
- Adquirir software.
- Pagar os gastos de proxectos e dirección de obra. estudo de viabilidade/Plan empresarias e asesoramento.
TAMÉN:
- Axuda entre 25.000 € e 70.000 € para mozos e mozas que se incorporen.
- 15.000 € para liña de pequenas explotacións.

[1685 noticias - Página 112 de 337]   [anteriores] [107] [108] [109] [110] [111] [112] [113] [114] [115] [116] [117] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade