Novas
03/02/2022
Cronograma Roteiros Guiados e portas abertas Serradoiro Carranos 2022
Roteiros e xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos organizados polo concello de Covelo e financiado pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos) para o ano 2022.
Actividades gratuítas con inscrición que permitirán coñecer o patrimonio natural e etnográfico a través do sendeirismo nos roteiros dependentes das Comunidades de Montes e do propio Concello.
31/01/2022
Subvención para a adquisición e renovación de parte do mobiliario urbano do termo municipal
30/01/2022
Roteiro Forca do Lobo PRG-231
Domingo 30.01.22
28/01/2022
Presentación libro "Alejandro Viana"
Venres 28 de xaneiro de 2022 ás 20.00 h no auditorio municipal do concello de Covelo, Roberto Mera (autor), Gabino Porto (xornalista) e José Manuel Sendín presentarán o libro "Alejandro Viana" un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos.
24/01/2022
Subvencións para instalacións de biomasa destinadas a particulares para o ano 2022
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible. A contía da axuda será do 50% do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 60.000 €. As solicitudes deben tramitalas as entidades colaboradoras adheridas. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de xullo de 2022.

[1496 noticias - Página 119 de 300]   [anteriores] [114] [115] [116] [117] [118] [119] [120] [121] [122] [123] [124] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade