Novas
07/07/2025
O Concello de Covelo anuncia a súa programación cultural, turística e deportiva para o verán 2025 e anuncia a XLIV Festas Patronais e do Churrasco 2025.
O Concello de Covelo vén de presentar a súa ampla programación de actividades culturais,
turísticas e deportivas para os meses de verán de 2025. O calendario inclúe propostas para
todos os públicos, nas distintas parroquias do municipio, e destaca pola variedade de
eventos de lecer, música, patrimonio, deporte e conciliación familiar.
05/07/2025
05.07 .2025 Nova edición da Feira de Artesanía e Segunda Man en Covelo.
Un plan perfecto para toda a familia pola mañá: mercadiño, obradoiros, música, comida e moito máis.
04/07/2025
CORTE PROGRAMADO DE ELECTRICIDADE
O venres 4 de xullo de 2025, de 09:00 a 13:00 h, haberá unha interrupción do subministro eléctrico nas seguintes zonas de Covelo:
Maceira, Fofe, Godóns, Campo, San Pedro de Campo e A Graña.
Recoméndase considerar as instalacións en tensión, xa que o servizo pode restablecerse sen previo aviso.
Comunicado pola empresa Central Eléctrica Sestelo e Cía S.A.
04/07/2025
Narración oral na Praza Mestre Cerviño! O venres 4 de xullo ás 20:30 h, a Biblioteca de Covelo, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, trae unha cita moi especial coa narradora VERO RILO
Achegádevos á Praza Mestre Cerviño para desfrutar dunha tarde chea de maxia, contos e tradición oral. Porque os contos de antes tamén teñen moito que dicir hoxe.

Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.
04/07/2025
O venres 4 de xullo ás 20:30 h na praza Mestre Cerviño, a Biblioteca de Covelo, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, trae unha cita moi especial coa narradora VERO RILO
Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.

[1525 noticias - Página 12 de 305]   [anteriores] [7] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade