Novas
30/10/2025
O Concello de Covelo solicitou subvención destinada á execución de actuacións para minimizar as perdas de auga no lugar de Pazos, que lle foi concedida con data de resolución do 12/09/2025.
Actuación: Instalación de equipos de medición de caudal en depósitos e telexestión e renovación parcial de contadores no núcleo de Pazos. Covelo. Importe da subvención: 43.558,92 €
29/10/2025
VI Concurso Fotográfico Calendario Concello de Covelo 2026.
A temática para o concurso fotográfico será "Covelo, Turismo, Cultura e Patrimonio".
Prazo de admisión concurso e para presentar as fotografías remata xoves 27.11.2025 ás de 19:00 h. a na biblioteca municipal.
29/10/2025
Axudas á natalidade.
Axudas á natalidade: As axudas serán como máximo de 500 euros por cada filla ou fillo nado ou adoptado entre o 30 de novembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025.
27/10/2025
Adxudicación dunha licenza de taxi adaptado en Covelo.
O Concello de Covelo informa do inicio do proceso de adxudicación, mediante concurso público, dunha licenza de taxi adaptado para operar no municipio. O prazo de solicitude remata o luns 27 de outubro de 2025.
26/10/2025
Ciclo de Cine pola igualdade en Covelo.
Domingo 26 de outubro ás 17:00 h no Auditorio de Covelo iniciamos un ciclo de Cinefórum con películas para reflexionar sobre igualdade.
Filme: Una Familia de Superhéroes.

[1591 noticias - Página 13 de 319]   [anteriores] [8] [9] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade