28/01/2021 Enquisa de participación veciñal no V Plan de Formación 2021 No presuposto deste ano contemplase unha partida orzamentaria para a ejecución dun Plan de Formación dirixido ós veciños do Concello preferentemente as persoas desempregadas. Có obxecto de determinar os cursos mais axeitados e a programación no tempo, sométese o plan a consulta pública para que tódalas persoas interesadas poidan facer as suas propostas tanto nos tipos de cursos que lle gostaría que fosen realizados como no calendario de realización destes.
27/01/2021 Aberta a consulta e participación no proxecto de humanización de prazas e rúas en Covelo centro. Información e participación no proxecto de establecemento de itinerarios continuos e humanización de rúas en Rúa Troveiros, Praza Mestre Cerviño e Travesía de Vigo mediante a promoción da mobilidade peonil, a eliminación de barreiras arquitectónicas con plataforma única, mellora da accesibilidade e reducción da velocidade do tráfico.