02/03/2020 Mellora do servicio de cobertura móbil e internet en A Lamosa e Prado da Canda Todas aquelas persoas que estean interesadas en contratar os servizos de móbil e internet a través de Comenersol Wireless, deberanse por en contacto no Concello de Covelo (tlf 986 650027) coa Concelleira de Cultura, Lourdes Enes Fernández e deixar os seus datos de contacto. Dito servizo non será gratuíto. Antes da contratación, manterase unha reunión explicativa coas persoas que mostren interese na que se informará das condicións, prezos e duración do servizo.
18/02/2020 Axudas para a posta en marcha da "casa dos maiores". Posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, durante o ano 2020.
05/02/2020 Aberto o prazo das subvencións para adquisición de vivienda dirixida a menores de 35 años en municipios de menos de 5.000 habitantes Para vivendas xa construidas, tanto novas como usadas, cun prezo de adquisición que non poderá superar os cen mil euros. A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
Prazo de presentación do 05/02/2020 ata o 30/09/2020, ou ata esgotar presuposto.