Novas
05/06/2020
Anuncio de subvencións para adquisición de vivenda para menores de 35 anos en municipios de menos de 5.000 habitantes.
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que teñan menos de 35 anos na data de presentación da correspondente solicitude e cumpran os requisitos esixidos.
04/06/2020
Contratación de brigada municipal de prevención incendios para extinción e para traballos de limpeza de parcelas sobre as que existe denuncia por incumprimento das labores de limpeza.
Integrada por 4 persoas (3 peóns e 1 capataz). Os contratos terán unha duración de tres meses dende o 15 de xullo ata 15 de outubro aproximadamente. As persoas interesadas deben estar inscritas na oficina de emprego de A Cañiza e para acceder ao posto terase en conta a formación ou experiencia en traballos no servicio de prevención de incendios.
02/06/2020
Reapertura de Oficina Periférica do ORAL en Covelo
Tódolos luns, a partir do día 8 de xuño, con cita previa no Teléfono de Atención Presencial da Deputación Provincial.
29/05/2020
Información local actualizada a 29 de maio de 2020 relativa a COVID -19
Faise público o noveno informe de situación dos casos coñecidos e confirmados de COVID-19 no Concello de Covelo: dende o 19 de Maio ata o día de hoxe, no concello de Covelo NON SE DIAGNOSTICARON novos casos de COVID-19 e a evolución dos tres afectados é favorable. Infórmase das axudas a negocios, autónomos e empresas; dos campamentos de verán, escolas deportivas e piscina, e do uso das casa de cultura e mercado local.
27/05/2020
Retómanse os roteiros e as xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos.
O Concello de Covelo retoma as xornadas de roteiros guiados polas sendas valizadas, así como as xornadas de portas abertas do Serradoiro dos Carranos.

[1498 noticias - Página 169 de 300]   [anteriores] [164] [165] [166] [167] [168] [169] [170] [171] [172] [173] [174] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade