Novas
08/07/2019
Festa do Churrasco 2019. Venda anticipada de tíckets.
Este ano poderán adquirirse anticipadamente os tíckets da degustación da Festa do Churrasco nas Oficinas Municipais, dende o luns 15 ata o luns 22 de xullo, en horario de 9:00 h. a 14:00 h.
O prezo é de 6 euros incluindo: pan, viño, churrasco de porco e terneira, pemento e prato cerámico.
O prezo para as persoas empadroadas é de 5 euros. Para ser efectivo o desconto débense retirar os tíckets no prazo mencionado (do 15 ao 22 de xullo).
05/07/2019
II Mostra de productos de Covelo 2019
Obradoiro de cociña en directo: Sushi vegano con productos de tempada, sesión vermú con "Cé orquestra pantasma"...
28/06/2019
Limpeza e sinalización de roteiros e creación da RMR (Rede Municipal de Roteiros).
Tamén foi creado un microsite onde pode atopar abundante información sobre casi todas elas; características de cada unha, niveis técnicos de dificultade, datas recomendadas para realizalas, trípticos ou folletos explicativos, coordenadas de inicio e fin, tracks para non perderse en distintos formatos.
28/06/2019
Programa de actividades deportivas na Piscina Municipal de Covelo 2019
Ximnasia de mantemento, ximnasia na auga, cursos de natación para tódalas idades.
Meses de xullo e agosto.
25/06/2019
Rutas guiadas verán 2019
Rutas guiadas de senderismo do Concello de Covelo para os meses de xullo e agosto. Os días 7, 14, 21 de xullo e 4, 11, 18, 24 e 25 de agosto.

[1498 noticias - Página 185 de 300]   [anteriores] [180] [181] [182] [183] [184] [185] [186] [187] [188] [189] [190] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade