Axenda
04/07/2026
Covelo celebra este sábado a terceira edición das Mostras de Artesanía e Segunda Man
Durante toda a mañá, as persoas asistentes poderán visitar os postos de artesanía e segunda man, a programación inclúe tamén un obradoiro de cociña con degustación, do que proximamente se dará a coñecer a receita, así como servizo de pulpeiro durante toda a mañá.
Como peche da xornada, ás 13:00 horas celebrarase unha sesión vermú musical.
02/07/2026
O Concello de Covelo pon en marcha un ano máis o Programa CLARA para promover a igualdade e previr a violencia de xénero.
O programa contará cun equipo multidisciplinar de profesionais das áreas do dereito, psicoloxía, terapias e igualdade, ofrecendo atención especializada e actividades dirixidas a mellorar o benestar, a autonomía persoal das participantes.
01/07/2026
A Piscina Municipal de Covelo abre as súas portas o vindeiro 1 de xullo.
Prezos de acceso:
Nenos e nenas ata 12 anos: 1 €
Maiores de 12 anos: 1,5 €
29/06/2026
O Concello de Covelo abre o prazo para que a hostalaría local participe na XLV Festa do Churrasco
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 23 de xullo ás 13:00 horas, podendo realizarse tanto a través da Sede Electrónica municipal como presencialmente nas oficinas do Concello.
28/06/2026
Domingo 28 de xuño. ROTEIRO AQA VARIANTE CIRCULAR Prazas limitadas.
Actividades de balde con inscrición previa co noso guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa, para máis info e inscricións no telf. 654.500.652

[1865 noticias - Página 2 de 373]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade