Novas
23/04/2025
Plan de Actuacións Preventivas (PAP) e defensa contra os incendios forestais 2025
O concello de Covelo e a Consellería do Medio Rural, estableceron un Convenio para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.
21/04/2025
DECLARACIÓN DA RENDA 2024 ASISTENCIA TECNICA PRESENCIAL PARA CONFECCIÓN DA DECLARACIÓN DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS POR VIDEOASISTENCIA
Por acordo de colaboración entre o concello de Covelo e a Agencia Estatal de Administración Tributaria, todas as persoas veciñas de Covelo, disporán mediante vídeo conferencia, de asistencia de persoal técnico da administración tributaria para a confección da declaración da renda das persoas físicas 2024 nas dependencias da Biblioteca Municipal de Covelo.
20/04/2025
20.04.2025 Xornada de Portas Abertas Serradoiro Carranos 2025.
Xornada de Portas abertas Serradoiro dos Carranos e Aula da Natureza.
> 4 pases horarios (10 H, 12 H, 14 H e ás 16 H)
> Para participar é necesario realizar unha inscrición online chamando ao 654.500652 (Julio)
19/04/2025
Roteiro guiado Poza Piñeiro 19.04.2025
Os roteiros guiados do ano 2025 son actividades turístico-deportivas do Concello de Covelo e Deputación de Pontevedra, guiados polo guía de montaña, biólogo e fotógrafo Julio Eiroa.
Inscricións e información dende o lunes 14 de abril ata esgotar as prazas no teléfono 654.500.652.
17/04/2025
Proba Orientación Covelo-Aventura
Xoves 17.04.2025 de 11:00 h a 14:00 h punto de saída, Carballeira Campo da Feira (Campo de Fútbol de Covelo)
Prezo: Actividade de Balde ata completar prazas.
Equipos: Entre 2 e 6 persoas.

[1525 noticias - Página 21 de 305]   [anteriores] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [24] [25] [26] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade