Novas
10/11/2016
Estratexia de Sustentabilidade Ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas.
Durante esta semana, os cidadáns están invitados a facer a súa aportación sobre os problemas prioritarios, os retos de futuro, e a incorporar problemas e retos non contemplados, así como propostas de acción para incorporalos no documento que se somete a debate.
03/11/2016
Programa "Xuntos Polo Nadal 2016"
Dirixido a persoas maiores que, valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, non teñan con quen pasar este Nadal.
30/10/2016
Samaín en Covelo
Disfruta o domingo 30 de outubro a partir das 18h. do Serán, Magosto e un Obradoiro relacionado co Samaín para os máis pequenos.
27/10/2016
Talleres de Xuntanza de Amig@s das Labores
Con estes talleres preténdese establecer un punto de encontro e interrelación entre veciñ@s, onde cada un deles aporte os seus coñecementos na materia das labores, tendo que traer cada un os seus materiais.
Estes talleres son gratuítos, xa que non é un mestre o que imparte as clases se non que son os propios asistentes que comparten os seus métodos
25/10/2016
Rematadas as obras "Mellora de accesos a granxas e camiños rurais nas parroquias de Barciademera, Graña, Godóns e SS Prado. Covelo" VER FOTO
Rematadas as obras "Mellora de accesos a granxas e camiños rurais nas parroquias de Barciademera, Graña, Godóns e SS Prado. Covelo"correspondentes ó Plan Marco da Axencia Gallega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ó abeiro do Plan Marco PDR de Galicia 2014-2020

[1573 noticias - Página 246 de 315]   [anteriores] [241] [242] [243] [244] [245] [246] [247] [248] [249] [250] [251] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade