Novas
23/09/2025
Curso Básico de Intelixencia Artificial Programa Clara - Concello de Covelo
Lugar: Auditorio de Covelo
Datas: 23 e 24 de setembro (ás 16:30 h)
Actividade de formación e aprendizaxe pensada para achegar a todas as persoas participantes ao uso práctico da intelixencia artificial no día a día.
21/09/2025
Xornada de Portas Abertas do Serradoiro dos Carranos e a Aula de Natureza.
> Domingo 21 de setembro
> 4 pases horarios (10 H, 12 H, 14 H e ás 16 H)
> Para participar é necesario realizar unha inscrición online chamando ao 654.500652 (Julio)
20/09/2025
Actividade para nenas - Programa Clara "Voando Xuntas"
Lugar: Patio do CEIP Antonio Blanco Rodríguez
Días: 20 e 27 de setembro
Hora: 11:00 h
Para participar é necesario inscribirse chamando ao teléfono indicado no cartel.
19/09/2025
Grupo de Autocoidado para Mulleres.
Venres, 19 de setembro de 2025
11:00 h
Auditorio Municipal de Covelo
17/09/2025
Anuncio do Concello de Covelo Traballos de inspección de limpeza de parcelas no entorno das vivendas - Prevención de incendios forestais
Durante setembro e outubro realizaranse inspeccións das parcelas situadas nas faixas de protección dos núcleos de poboación e vivendas (50 m arredor das casas e parcelas urbanas).

As parcelas deben estar limpas de maleza, piñeiros, eucaliptos, acacias, etc.

Tras as inspeccións, comunicarase aos propietarios catastrais a obriga de cumprir coas tarefas de limpeza segundo a Lei 3/2007 de prevención e defensa de incendios forestais de Galicia.

[1525 noticias - Página 4 de 305]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade