Actualidade e Noticias

A XUNTA INVISTE PRETO DE 41.000 EUROS NA INSTALACIÓN DE DÚAS NOVAS CALDEIRAS DE BIOMASA NO CENTRO DE SAÚDE DE COVELO

O delegado territorial, que estivo acompañado polo alcalde de Covelo, Pablo Castillo, aproveitou a visita para facer fincapé na importancia de “colaborar cos concellos para impulsar actuacións que melloren os servizos públicos e revertan directamente na calidade de vida da veciñanzaâ€� e lembrou que “a Xunta continúa apostando pola eficiencia enerxética como unha vía para avanzar cara a un modelo máis sostible e tamén máis eficiente desde o punto de vista económicoâ€�.

25/04/2026



O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera presenta a súa XVIII edición con oito concertos entre abril e setembro

O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera regresa este 2026 coa súa décimo oitava edición, consolidado como unha das citas culturais de referencia no sur de Galicia. A programación inclúe un total de oito concertos que se celebrarán entre o 25 de abril e o 12 de setembro na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera.

16/04/2026



Covelo presenta “Roteiros 2026�

Como novidades destacan:
• Visitas ao Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera
• A Semana Starlight, con observación do ceo e do eclipse total de sol de agosto

15/04/2026



A Deputación supervisa os traballos de poda en altura e limpeza acometidos en treitos de preto de 22 quilómetros de tres estradas provinciais que atravesan o Concello de Covelo

A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, xunto co alcalde de Covelo, Pablo Castillo, supervisaron as actuacións desenvolvidas polo organismo provincial na EP-4305 Lougares-Piñeiro, EP-5002 A Cañiza-Mourentán e EP-5104 Maceira-Avión

26/03/2026



Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) recuperará a contorna do Regueiro de Ponte Piñeiro no municipio de Covelo.

Estímase un investimento de 190.000 €, sufragada en porcentaxe 90% pola CHMS e o 10% restante polo Concello.
Os traballos consisten na mellora e restauración dun paso tradicional e na recuperación da contorna e do camiño de acceso desde a marxe esquerda da canle.

25/03/2026



[654 Actualidade e Noticias - Página 4 de 131]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade