Novas
13/09/2025
XVII Ciclo de Música Relixiosa - San Martiño de Barcia de Mera, concerto de clausura.
Este sábado 13 de setembro ás 20:00 h, na Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera, terá lugar o Concerto de Clausura do XVII Ciclo de Música Relixiosa.
06/09/2025
XVII Ciclo de Música Relixiosa 2025- Concerto do 06.09.25
O Concello de Covelo convida a veciños e visitantes a gozar dun concerto moi especial con Guillermo Pastrana, un dos violonchelistas máis recoñecidos do panorama musical actual.
06/09/2025
Volvemos coa Feira de Artesanía e Segunda Man en Covelo.
Sábado, 6 de setembro de 2025
Praza Mestre Cerviño - Covelo

A partir das 10:00 h poderás gozar de postos de, xoiería, horta, panadaría, cosmética natural, xogos, decoración, textil, plantas, cerámica, macramé, cestería e moito máis.
06/09/2025
"Son Animal" de Paco Nogueiras na Praza Mestre Cerviño! O sábado 6 de setembro ás 20:00 h, a Biblioteca de Covelo, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, trae unha cita moi especial.
Actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Covelo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Covelo.
04/09/2025
Galicia Sabe Amar chega a Covelo!
A campaña da Xunta de Galicia, que dende o 2021 anima a consumir produtos do mar galegos con retranca e humor, estará no noso concello para dar a coñecer o sabor das nosas rías e o labor das persoas do mar.

[1525 noticias - Página 5 de 305]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade