Novas
18/07/2025
"A GAITA GALEGA" con ANTÓN KE en Covelo
O vindeiro venres 18 de xullo, ás 20:30 h na Praza Mestre Cerviño, achegamos unha actividade para toda a familia, especialmente para os máis cativos.
12/07/2025
Horarios e afectacións ao tráfico no concello de Covelo do Rally SURCO o sábado 12.07.2025 Lourido-Barcia de Mera-Lougares-Mondariz.
Os horarios previstos para este treito son os seguintes:
-Hora de peche do treito ao tráfico: ás 07:38 h. da mañá.
-Hora de paso do primeiro vehículo na primeira pasada: ás 08:48 h
-Hora de paso do primeiro vehículo na segunda pasada: ás 12:56 h.
-Hora de reapertura ao tráfico: ás 15:30 h.
O paso dos vehículos pola Praza de Covelo en tramo de enlace aberto ao
tráfico está previsto para a partir das 07:48 h. da mañá.
Lémbrase que entre pasada e pasada o treito permanecerá pechado, non se
permitirá a circulación de vehículos nin o acceso de persoas.
12/07/2025
CINE DE VERÁN EN COVELO Prepárate para vivir unha aventura con Thabo e o caso do rinoceronte
->12 de xullo
->Ás 22:30 h
->Praza de Maceira
11/07/2025
UNHA TARDE ESPECIAL CON DORI Chega unha nova actividade pensada para os máis pequenos.
Venres, 11 de xullo
Ás 12:00 h
Praza Mestre Cerviño (Covelo)
Acompáñanos nesta aventura chea de contos, música, movemento e moita imaxinación con Batucado e Emusin!
Un espectáculo participativo pensado para bebés de 0 a 3 anos e as súas familias
Organiza: Concello de Covelo
Financia: Xunta de Galicia - Rede de Bibliotecas de Galicia
Non perdas esta experiencia máxica.
07/07/2025
O Concello de Covelo anuncia a súa programación cultural, turística e deportiva para o verán 2025 e anuncia a XLIV Festas Patronais e do Churrasco 2025.
O Concello de Covelo vén de presentar a súa ampla programación de actividades culturais,
turísticas e deportivas para os meses de verán de 2025. O calendario inclúe propostas para
todos os públicos, nas distintas parroquias do municipio, e destaca pola variedade de
eventos de lecer, música, patrimonio, deporte e conciliación familiar.

[1498 noticias - Página 6 de 300]   [anteriores] [1] [2] [3] [4] [5] [6] [7] [8] [9] [10] [11] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade