Axenda
16/04/2023
Portas abertas Serradoiro Carranos 2023
Domingo, 16 de abril, visita interpretada do Serradoiro dos Carranos, xoia etnográfica na parroquia de Maceira. Visitas guiadas as 10h, 12h, 14h e 16h en grupos organizados.
Son actividades gratuitas previa inscrición no teléfono 654500652 (Julio Eiroa), que forman parte dun calendario de actividades turísticas do Concello de Covelo e Diputación de Pontevedra.
14/04/2023
José Gil, pioneiro do Cinema Galego
Venres 14 de abril o alumnado do Ceip Antonio Blanco Rodríguez de Covelo vivirá unha experiencia de hai máis cen anos co Cinemóbil3 e tamén no auditorio municipal de Covelo.
O sábado 15 de abril dende as 10 h visita do Cinebóbil3 na praza Mestre Cerviño e ás 13 h na sesión vermú concerto da banda de Música de Rubiós (en caso de chuvia no salón de actos do concello de Covelo)
Dende as 17 h proxeccións de balde no auditorio municipal de Covelo.
10/04/2023
Programa Depotermal Balnearios 2023
O Concello de Covelo abre o prazo de solicitudes para os programas de
balnearios DEPOTERMAL 2023 que convoca a Deputación de Pontevedra, do 10 de abril ao 8 de maio de 2023.
08/04/2023
Celebramos o Día Mundial da Auga 2023
Polo pronóstico de chuvias, aprázase a xornada de voluntariado ambiental para a limpeza de espazos verdes ao sábado 8 de abril.
05/04/2023
VI Programa de Compostaxe Doméstica no Día Mundial do Clima 2023
A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como son os restos de comida e podas, obtendo un abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.

[1659 noticias - Página 68 de 332]   [anteriores] [63] [64] [65] [66] [67] [68] [69] [70] [71] [72] [73] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade