Axenda
04/10/2022
Axudas natalidade e material escolar 2022/23
Axudas natalidade: Importe de 500€. Prazo de solicitude dende o 5 de outubro ata o 1 de decembro de 2022.
Axudas material escolar: Importe de ata 125€ por alumno. Prazo de solicitude dende o 5 de outubro ata o 26 de outubro.
02/10/2022
Portas abertas Serradoiro Dos Carranos 2022
Xornada de portas abertas do Serradoiro dos Carranos (mes de outubro). Actividade gratuita previa inscrición no teléfono 654500652 (Julio Eiroa).
Domingo, 2 de outubro, visita interpretada do Serradoiro dos Carranos, xoia etnográfica na parroquia de Maceira. Visitas guiadas as 10h, 12h, 14h e 16h en grupos organizados.
01/10/2022
Mostra de Produtos de Covelo outubro 2022
Sábado 1 de outubro de 2022, de 10 a 14 h.
01/10/2022
Observación Estelar no Alto do Castelo do Faro
Dúas xornadas de roteiros e observación e interpretación astronómica no miradoiro Paisaxístico do Castelo (Punto Geodésico do Faro, o máis alto de Pontevedra, con 1.154 m.) en Prado, Covelo.
Datas: Sábado 27 de agosto / Sábado 1 de outubro.
30/09/2022
Charla divulgativa do Programa TOPONIMÍZATE e da aplicación colaborativa GALICIA NOMEADA
Para este fin, explícase pormenorizadamente o uso da aplicación colaborativa Galicia Nomeada, así como a rendibilidade que se lle pode tirar a esta capa de información cultural unha vez que está xeorreferenciada e normativizada. Ademais, tamén se lles explica aos asistentes o significado dos topónimos maiores do concello onde se imparte a charla.

Charla impartida por Vicente Feijoo Ares: Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia e Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG).
Venres 30 de setembro de 2022, as 11:30 h. no Auditorio Municipal de Covelo.

[1659 noticias - Página 83 de 332]   [anteriores] [78] [79] [80] [81] [82] [83] [84] [85] [86] [87] [88] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade