Novas
04/10/2024
Curso de Formación sobre Igualdade, historia, lexislación e aplicación efectiva.
Venres ás 16.30 h no auditorio municipal de Covelo.
03/10/2024
X Galardóns "Síntete Covelo 2024"
Aberta a convocatoria dos "X Galardóns Síntete Covelo", coa finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso Concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, as artes, a ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación do noso entorno e a nosa paisaxe.
02/10/2024
Axudas para Libros de Texto e Material para alumnado de educación infantil.
Dirixido o alumnado de educación infantil (de 3 a 5 anos)
->Axuda máxima será de 100 € por alumno/a.
.> No caso de familias numerosas ou alumnado con unha mínusvalia igual ou superior ó 33% a axuda será dun máximo dde 125 € por alumno/a.
Inicio prazo de presentación de solicitudes 02.10.2024 ata o 22.10.2024.
02/10/2024
Axudas destinadas ó apoio á Natalidade do Concello de Covelo 2024.
Inicio do prazo de presentación de solicitudes 02.10.2024 ata o 01.12.2024.
A presentación das solicitudes pode ser de forma telemática a través da sede do concello de Covelo ou presencialmente nas oficinas de servizos sociais.
30/09/2024
Publicación e aprobación da Ordenanza de Xestión de biomasa e Plan Municipal de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.
As persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais procederán a execución da xestión de biomasa, incluída a retirada de determinadas especies arbóreas (eucaliptos, piñeiros e acacias), antes de 31 de xuño de cada ano recolléndose na Ordenanza os criterios de xestión, distancias das plantacións, réxime sancionador, etc.

[1439 noticias - Página 18 de 288]   [anteriores] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [21] [22] [23] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade