O Concello de Covelo colabora este verán coa iniciativa "Atopa un libro no teu camiño", promovida por Repair Café Covelo, un proxecto comunitario que, ademais de organizar xornadas de reparación gratuíta de pequenos electrodomésticos, aparellos electrónicos, bicicletas, roupa, mobles e outros obxectos, promove accións relacionadas coa sustentabilidade, a reutilización e a participación cidadá.
Lucía Marín Vila e Carlos Manuel Alonso González completarán a súa formación académica nos departamentos de Servizos Sociais e Secretaría-Tesourería, reforzando o labor municipal durante os próximos meses.
O alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, deu a benvida aos dous estudantes universitarios que se incorporan ao Concello para realizar as súas prácticas formativas, unha experiencia que lles permitirá completar a súa formación académica ao tempo que coñecen de primeira man o funcionamento da administración local e a realidade do medio rural.
O xefe territorial da Consellería de Educación, Cesar Ares e o alcalde de Covelo Pablo
Castillo, visitan as obras de substitución da carpintería exterior da biblioteca e as portas de
entrada do CEIP Antonio Blanco Rodriguez.