Novas
15/03/2024
Obradoiro "Todos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) son locais."
Un espazo de formación e reflexión crítica sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa vital importancia no ámbito local. Venres 15 de marzo, de 10:00 a 14:00 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
09/03/2024
Feira de artesanía e segunda man cancelada por chuvia.
08/03/2024
8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
Covelo celelebra o Día Internacional da Muller.
Actos reivindicativos, contacontos e exposición itinerante para a visibilización da muller.
O Concello de Covelo, a través da concellería da Muller que dirixe Fanny Rey, celebra o Día Internacional da Muller coa comunidade educativa e coa veciñanza en distintos actos que perseguen a visibilización do importante papel da muller na economía, na sociedade e na cultura.
05/03/2024
VII Programa de Compostaxe Doméstica no Día Mundial da Terra
A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, como son os restos de comida e podas, obtendo un abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.
05/03/2024
Ampliación do prazo de inscrición curso Operario/a de Almacén e Picking.

[1320 noticias - Página 15 de 264]   [anteriores] [10] [11] [12] [13] [14] [15] [16] [17] [18] [19] [20] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade