A actividade desenvolverase por equipos e permitirá ás persoas participantes superar diferentes probas e retos relacionados con mulleres que contribuíron de maneira decisiva ao avance da humanidade, promovendo ao mesmo tempo o traballo en equipo, a igualdade, o pensamento crítico e a resolución de problemas.
As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de xullo a través do correo electrónico info@territorio-comanche.com.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 609 414 303.
Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.
