Novas
05.07.2026 Escape Room Familiar "Estrelas" na Reitoral de Santa Mariña
- 05/07/2026 -
O Concello de Covelo organiza o vindeiro domingo, 5 de xullo, ás 20:30 horas, na Reitoral de Santa Mariña, o Escape Room Familiar "Estrelas", unha actividade cultural e educativa dirixida a familias e mocidade a partir dos 10 anos.

A actividade desenvolverase por equipos e permitirá ás persoas participantes superar diferentes probas e retos relacionados con mulleres que contribuíron de maneira decisiva ao avance da humanidade, promovendo ao mesmo tempo o traballo en equipo, a igualdade, o pensamento crítico e a resolución de problemas.

As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de xullo a través do correo electrónico info@territorio-comanche.com.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 609 414 303.

Actividade organizada polo Concello de Covelo e financiada pola Deputación de Pontevedra.




    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade