Covelo celebra este sábado a terceira edición das Mostras de Artesanía e Segunda Man
- 04/07/2026 -
Durante toda a mañá, as persoas asistentes poderán visitar os postos de artesanía e segunda man, a programación inclúe tamén un obradoiro de cociña con degustación, do que proximamente se dará a coñecer a receita, así como servizo de pulpeiro durante toda a mañá.
Como peche da xornada, ás 13:00 horas celebrarase unha sesión vermú musical.
A actividade está organizada polo Concello de Covelo e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra.
