Actualidade e Noticias



Aberto o prazo de inscrición para o entroido de Maceira, en Covelo
- 12/02/2024 -

O desfile será o sábado día 24 ás 16 horas na praza de Maceira
O vindeiro sábado día 24 a parroquia de Maceira, no Concello de Covelo, celebrará o seu entroido. Ante o éxito de público do pasado ano, a Asociación de Veciños San Salvador de Maceira organiza unha nova edición coa colaboración do Concello.


Ata o 22 de febreiro estará aberto o prazo para que as comparsas se inscriban e poidan participar no desfile do día 24 na praza de Maceira. A partir das 16 horas haberá música e baile co espectáculo “A Bailar”, animación a cargo de Animar-T e concurso de baile infantil con premio.


As comparsas desfilarán ante o público e o xurado que entregará ás gañadoras lotes de produtos de alimentación e un trofeo. A comparsa "Loros ao tesouro" resultou gañadora da edición 2023 pola súa posta en escena, coreografía, vestimenta e coordinación, entre outros aspectos.


O número de teléfono para inscribirse no entroido de Maceira é o 678 681 952.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade