Actualidade e Noticias



Cociña en directo e música ao aire libre nunha nova edición da Mostra de Produtos de Covelo
- 03/08/2022 -

Este sábado de 10 a 14 horas Covelo convida a mercar produtos de proximidade e gozar da gastronomía local
Como cada primeiro sábado de mes, o concello de Covelo celebra a súa Mostra de Artesanía na praza Mestre Cerviño. De 10 a 14 horas poderemos mercar produtos téxtiles, macramé, artesanía, decoración, cestería, cosmética natural,helicicultura, panadería, xoiería, horta ecolóxica, pan artesán, maquetería, libros, prantas, xoguetes, cerámica e un longo etc de produtos de proximidade. Ademais, poderemos tirarnos unha foto na cámara minuteira de Ángel Borrué e gozar da sesión vermouth acompañados de música ao aire libre.


Nesta nova edición da Mostra de Produtos de Covelo tamén poderemos participar na sesión de cociña en directo con degustación de dúas receitas a partir das once da mañá.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade