Localización
Covelo está situado no sur da provincia de Pontevedra. Acolle nas súas terras o nacemento e o curso alto do río Tea e conforma no seu territorio os primeiros vales do Tea así como as Serras do Suído e do Faro de Avión. Limita coas localidades ourensás de Avión e Melón e coas pontevedresas de A Cañiza, Mondariz, A Lamba e Fornelos de Montes.
Covelo goza dunhas perfectas comunicacións co resto da provincia, a 30 minutos do aeroporto de Peinador e da cidade de Vigo, ou dalgunha das acolledoras praias das Rías Baixas. Dista 122 km. da capital de Galicia, Santiago de Compostela, e 68 km. da capital da súa provincia, Pontevedra.

A autovía das Rías Baixas que comunica Madrid con Galicia, atravesa o municipio e simplifica o percorrido que separa Covelo das urbes limítrofes máis importantes así como do resto do territorio nacional ao dispoñer este municipio dun acceso ó devandito vial.



Ver mapa máis grande

COMO CHEGAR A COVELO

Dende A Coruña (174 km) e Santiago (102 km)
Toma a N-550 ou a A-9 unha vez pasada Pontevedra e chegando a Vigo tómase a saída dirección a Ourense por a A-52, Saída 282 dirección Covelo durante 8 km e tomar a Nacional 120 á esquerda segundo se indica e inmediatamente (50 m) á dereita dirección Covelo 4 Km.

Dende Vigo (48 km)
A-52 dirección Ourense durante 35 km ata a saída 282 dirección Covelo durante 8 km. e tomar a Nacional 120 á esquerda segundo se indica e inmediatamente (50 m) á dereita dirección Covelo 4 Km.

Dende Ourense (62 km)
Autovía A-52 dirección Vigo ata a saída 269 de A Cañiza . Continúa pola N-120 durante 17 km ata Paraños, toma o desvío á dereita alí indicado e 4 quilómetros despois chégase ao núcleo de Covelo.

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade