Novas
20/11/2026
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA OS XII GALARDÓNS "SÍNTETE COVELO 2026"
XII Galardóns Síntete Covelo, ten a finalidade de facer público o recoñecemento á traxectoria de
persoas ou entidades que leven a cabo proxectos destacados e relevantes para o noso concello e para Galicia. Terase en conta a súa contribución á creación, ó arte, á ciencia ou humanidades, ó deporte, ó medio ambiente e á conservación do noso entorno e paisaxe.
19/11/2026
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA DÚAS BOLSAS DE EMPREGO NO CONCELLO DE COVELO
O Concello de Covelo abre o prazo para participar nos procesos selectivos para a creación de dúas bolsas de emprego municipal:
- AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
- OFICIAL DE SERVIZOS VARIOS
14/11/2026
ANDAINA VIOLETA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O vindeiro 14 de novembro celebramos en Covelo unha nova Andaina Violeta, unha xornada para compartir, reflexionar e seguir avanzando xuntas cara a unha sociedade libre de violencia de xénero.
12/11/2026
DOAZÓN DE SANGUE EN COVELO
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Covelo o vindeiro xoves 12 de novembro, ao carón da Casa do Concello.
Horario: de 16:00 a 21:00 horas.
09/11/2026
AVISO Á VECIÑANZA: PECHES AO TRÁFICO POR TRABALLOS DE REPARACIÓN
O Concello de Covelo informa de que o peche ao tráfico inicialmente previsto para o luns 9 de novembro queda aprazado e terá lugar a partir do martes 10 de novembro de 2026, durante toda a semana.

[1726 noticias - Página 1 de 346]   [1] [2] [3] [4] [5] [6] [siguientes]

 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade