A Deputación de Pontevedra acordou na súa sesión de 4 de decembro de 2020 conceder ao Concello de Covelo “Subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural para o ano 2020” para a realización da “Restauración do Lavadoiro da Poza das Lavandeiras”.
A restauración consistiu, por unha parte, en sanear, restaurar e recuperar, dándolle o uso orixinal o lavadoiro; e por outra, en dotar o seu entorno dun lugar de esparexemento que noutro tempo foi poza para regar os campos e levar a auga a un muíño situado augas abaixo.