Present News



Reanúdanse as obras na praza da Ermida, Covelo
- 15/04/2024 -

O alcalde adianta que a solución final manterá a accesibilidade de vehículos e servizos ata os fogares como se viña facendo ata agora
O Concello de Covelo informa que nesta semana se reanudarán as obras na praza do barrio da Ermida ao non estar este tramo afectado pola paralización emitida por Patrimonio da Xunta de Galicia. Mantendo o deseño inicial que garante unha correcta accesibilidade tanto a residentes como ao resto do tráfico, a praza embelecerase coa colocación de adoquín e lastro, novo mobilidario e o soterramento das liñas telefónicas.


O goberno de Covelo pedirá a Patrimonio que axilice o máximo posible a resposta respecto ao tramo paralizado para retomar os traballos de mellora e restablecer canto antes a normalidade do día a día da veciñanza.


O pasado venres un grupo de arredor de cincuenta veciños e veciñas entregaron por rexistro de entrada un documento asinado no que amosan a súa preocupación por se se establecen limitacións á circulación de vehículos para acceso as súas vivendas. A este respecto o alcalde, Pablo Castillo, adianta que a solución final atenderá a criterios de embelecemento e, sobre todo, manterá a accesibilidade de vehículos e servizos ata os fogares como se viña facendo ata antes do inicio das obras.


A obra suporá unha mellora importante da estética da praza e do vial de acceso sempre co obxectivo de poñer en valor a zona e xerar un espazo agradable para a convivencia.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade