Axenda
O camposanto de Barcia de Mera acollerá o 11 de novembro o primeiro acto de Restauración da Memoria Lingüística cunha homenaxe ao fundador do orfeón Treixadura.
- 11/11/2023 -
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, convida a toda a cidadanía a participar no acto de recoñecemento da figura de Mingos e de restauración da memoria lingüística do Concello de Covelo que terá lugar o vindeiro día 11 de novembro ás 13 horas no cemiterio de Barcia de Mera. Durante o acto colocarase unha lápida en galego no recordo de Mingos, promotor do uso da lingua galega, difundindo o folclore popular e levando o nome da súa vila e de Galicia alí onde actuou. Ademais, colocarase unha lápida máis que amosará o fondo agradecemento a todas as persoas que xacen nese camposanto "porque grazas a elas e eles Galicia segue a ter a lingua e cultura de seu".
 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade