Novas
DINAMIZACIÓN, MOSTRA E IMPULSO DE INICIATIVAS DO CONCELLO DE COVELO 2021
- 18/03/2021 -
O Concello de Covelo recibe subvención da Deputación de Pontevedra por importe de 5.783,80 € ao abeiro do Plan Concellos 2021 - liña 2 para a realización de "DINAMIZACIÓN, MOSTRA E IMPULSO DE INICIATIVAS DO CONCELLO DE COVELO 2021".


Proxecto mostra e impulso de iniciativas municipais de Covelo:
Mostras de produtos locais : Debido a que valoramos positivamente as mostras realizadas os pasados anos, seguimos co proxecto. Trátase de facer unha mostra de produtos primarios de proximidade e das diferentes iniciativas rurais que se desenvolvan no concello. Este ano, seguimos cos obradoiros de cociña nas mesmas mostras co fin de que as persoas aprendan a realizar cociña saudable cos produtos de temporada. Co fin de promover a actividade e de captar xente, seguirase coa sesión vermú con animación musical. Respecto o transporte, intentamos que este proxecto piloto funcionara, xa que consideramos un tema moi importante a valorar o transporte no rural pero, a pesar dos esforzos en promoción... non se conseguiu que o servizo de transporte se utilice polo que cambiamos o noso proxecto polo que ofertamos un servizo de transporte a demanda . As persoas que desexen o servizo de transporte poderán solicitalo con antelación segundo as bases establecidas. Segundo a situación sanitaria, intentaremos ampliar a actividade ata final de ano, xa que pretendemos motivar as persoas participantes a continuar coas mostras e co intercambio de produtos locais, algo que cada vez demandan máis. Outro cambio deste ano será o día xa que o pasamos o fin de semana. Faranse catro mostras os primeiros sábados dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro para que se poidan mostras os produtos de temporada. Nas xornadas que coincidan con temporada lectiva procuraremos a participación da comunidade escolar. E seguiremos coas mostras ata final de ano e co servizo de transporte pero sen animación.
Obxectivos :
• Visibilizar as iniciativas que se desenvolven no Concello de Covelo.
• Impulsar o emprendemento cos recursos do Concello

Actividades xerais ( 4 mostras):
• Exposición e mostra das iniciativas
• Participación da comunidade escolar
• Obradoiros de cociña saudable con produtos de temporada ( feixóns)
• Transporte polas parroquias de Covelo
• Animación musical
** Nas mostras de continuación ( 3 mostras) que se farán ata final de ano, se é posible, non haberá animación musical nen obradoiros de cociña en directo.
Proxecto dinamización das parroquias de Covelo: Cine de Verán
Grazas a boa acollida que tivo o cine o ano 2019 e 2020 pretendemos continuar co fin de achegar o cine como unha forma de cultura a veciñanza e de fomentar un espazo de reunión. Continuamos con 2 sesións durante os meses xullo e agosto de 2021.
Obxectivos :
• Acercar o cine a veciñanza
• Fomentar espazos de reunión desfrutando do entorno.
 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade