Novas
Día das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta e Teatro Lambe, Lambe. Obra de teatro cancelada por mal tempo.
- 17/05/2024 -
Monográfico de Luisa Villalta na Real Academia Galega, a homenaxeada no día das Letras Galegas 2024 e o Laboratorio Fantoche presenta: A Caixiña de teatro do Teatro Lambe, Lambe, co seu espectáculo "A Bailarina. Ónde está a alma?".
Luísa Villalta nace na Coruña o 15 de xullo de 1957. A cidade na que residirá a maior parte da súa vida será materia principal da súa obra. No libro En concreto tomará a dimensión máis plena ata se fusionar coa propia poeta. A casa familiar situada na rúa Vila de Laxe acolle os primeiros anos de infancia. É a filla maior dunha familia de clase media, o pai, profesor mercantil, a nai, formada en comercio, imprimirán nas dúas fillas a afección pola música. Con oito anos comeza a formación no Conservatorio de Música da Coruña. Dezaoito anos despois concluirá como titulada superior de violino. Estuda no colexio das Xosefinas e remata o curso de acceso á universidade no Instituto Eusebio da Guarda en 1973-74. Ávida lectora desde a infancia, os primeiros anos de vida transcorren entre xogos nos xardíns de Méndez Núñez e na Mariña, debuxando, observando o mundo coa curiosidade dunha nena esperta e decidida nos seus propósitos, fosen estes estudar violino ou aprender a patinar en Riazor.

Luisa Villalta na Real Academia Galega aquí

CANCELADA POR MAL TEMPO
 

O venres día 17, de 11:30 a 13:30 h, integrada na Mostra de Produtos de Covelo, O Laboratorio Fantoche presenta: A Caixiña de teatro do Teatro Lambe, Lambe, co seu espectáculo “A Bailarina" Ónde está a alma?”

Unha adaptación en língua galega do conto “A Bailarina” de K.Gibran e textos de Joaquín Araújo. Esta novidosa proposta de teatro de animación con bonecos e obxectos que, acompañados dun relato e/ou música dentro dunha caixa escénica, representan, en non máis de 5 min, situacións secretas que son apreciadas por só 1 ou 2 espectadores á vez que se colocan os auriculares e observan a obra a través dunha diminuta fiestra.






<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade