Novas
Visitas e rutas guiadas de sendeirismo
- 31/07/2015 -
Dende a Oficina de Turismo e có apoio do Concello de Covelo vanse levar a cabo unha serie de visitas polos diferentes lugares e rutas do Concello de Covelo. Realizaranse rutas de sendeirismo guiadas, visitas o patrimonio histórico-artístico e natural, museos e centros de interpretación, que terán lugar no mes de agosto.

Oferta de visitas e rutas guiadas de sendeirismo para coñecer o valioso patrimonio histórico natural do noso Concello

Dende a Oficina de Turismo e có apoio do Concello de Covelo vanse levar a cabo unha serie de visitas polos diferentes lugares e rutas do Concello de Covelo. Realizaranse rutas de sendeirismo guiadas, visitas o patrimonio histórico-artístico e natural, museos e centros de interpretación, que terán lugar no mes de agosto.

 

Sábado 1 de agosto: ruta dos Carranos e visita ó Serradoiro dos Carranos.

Dificultade baixa. Saída dende a Rectoral de Fofe ás 10:30 e rematando sobre as 14:30. A andaina transcorre nas fragas do alto Tea onde poderán gozar dos valores medio-ambientais, paisaxísticos e patrimoniais do val e da serra. Visita ao Serradoiro e Aula da Natureza dos Carranos.

Sábado 8 de agosto: ruta do Río Xabriña e visita ó Lagar da Cera FAVUM.

Dificultade media, cunha duración aproximada de 3 horas. Saída ás 10:30 horas dende o recinto das festas de Paraños, rematando no mesmo lugar sobre as 14:00. Visitaremos o lugar onde traballaban os cereiros. A entrada ó lagar de cera é de 1 euro.

Sábado 15 de agosto: ruta do Río Alén e do Mosteiro de San Xoán e visita ó Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera.

Dificultade Media. A ruta comezará no Mosteiro de San Xoán ás 10:30h. A andaina transcorrerá polo marxe fluvial do río Alén (afluente do río Tea) rematando as 14:00h. na parroquia de Barcia de Mera.

Domingo 16 de agosto: Ruta AQA.

Dificultade media, cunha duración de 3 horas. Saída dende a Praia de Maceira ás 11:00h. e rematando ás 14:00h. en Barcia de Mera. Visita ó muiño de Maceira e muiños de Portafurada.

Sábado 22 de agosto: ruta Foxo do Lobo.

Saída dende a praza do concello ás 11:00h. Ten unha duración aproximada de 3-4 horas. Remataríase sobre as 14:00 – 15:00h. Aquí poderase ver o foxo do lobo e o chozo na Serra do Suído.

Domingo 23 de agosto: explicación do Cruceiro do Cristo dos Aflixidos e ruta Pedra do Lobo.

Empezaríase a explicación no cruceiro ás 10:30h. e logo dirixirémonos ó Castro para comezar a ruta. Aquí verase a famosa pedra dende onde o lobo ouveaba e o Monte do Castro con magníficas vistas. Remate as 14:30h. aprox.

Sábado 29 de agosto: visita guiada á capela de Santa María o pe da Cruz de Baldomar e ó Conxunto Abacial de San Martiño de Barcia de Mera.

Necesítase levar coche a todos estes lugares. Quedaremos as 11:00h. na Igrexa de Baldomar, despois faremos un descanso para preguntas, fotos,… e iremos o Conxunto Abacial de Barcia de Mera. Aquí poderán gozar das grandísimas xoias barrocas. Ten unha duración aproximada de 3 horas.

 

 

Tamén ofrecemos a posibilidade de facer calquera destas visitas outro día, mediante unha visita concertada previamente para grupos.

 

Para todas estas visitas é necesario inscrición previa, na páxina do facebook “Turismo en Covelo”, no e-mail oficinaturismocovelo@gmail.com ou ben chamando ó 638 015 428. Dando o nome e un teléfono de contacto.

 

Indicar que na web do concello www.concellodecovelo.es están dispoñibles audioguías e trípticos destas rutas de sendeirismo. É importante que a xente que se anime a participar nestas visitas traian roupa e calzado cómodos e unha botella de auga. Por cuestións organizativas, meteorolóxicas ou outras causas de forza maior, poderán alterarse as datas ou suspenderse algunha das visitas planificadas, buscándose outras datas para a súa celebración sempre que foxe posible.

 

Este ano por primeira vez permanecerá aberta para a súa visita o Serradoiro e a Aula da Natureza e do Patrimonio Etnográfico dos Carranos. Todos os venres, sábados e domingos, das 18h. ás 19h. Para máis información: http://concellodecovelo.es/carranos/index.html

 

 

En Covelo, a 31 de xullo de 2015

O ALCALDE

  

 

Asdo. Juan Pablo Castillo Amigo

Bando aquí: 
archivos_editor/file/Visitasagosto2015.pdf

  


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade