Noticias
Ruta "Pedra do Lobo"
- 19/09/2015 -
Dificultad media. Salida desde la plaza del Ayuntamiento a las 10:30 horas y final a las 14:00h. aprox. Principia en las alas de Castro para discurrir paralelo al río Ponte Piñeiros. En su recorrido podemos conocer diversos ecosistemas, como el bosque de ribera, las brañas, las matogueiras, los prados y los pequeños bosques. Además de este variado patrimonio natural, también hay que admirar molinos, cruceros y petróglifos, así como otras manifestaciones de la relación del ser humano y la naturaleza. Aquí se verá la famosa piedra desde donde el lobo aullaba y el Monte del Castro con magníficas vistas.
 O sábado 19 de setembro: Ruta Pedra do Lobo

Este sendeiro está constituído de xeito circular e ten como principio e fin o Castro de Santiago de Covelo.
Lonxitude do trazado: 8 km e cunha dificultade: media.


Esta ruta iníciase en Castro para discorrer paralelo ao río Ponte Piñeiros. Durante o seu percorrido poderemos coñecer os diversos ecosistemas que alí se atopan, por exemplo o bosque de ribeira, as brañas, os matorrales, as praderas e os pequenos bosques. Tamén poderemos admirar un rico patrimonio histórico por exemplo muíños, lugar de traballo de moita xente de outrora e lugar de reunión e de cánticos mentres se molía; cruceiros, estes elementos tan significativos en Galicia, servíalles á xente de outrora seguir o camiño para non perderse nos desvíos, así naceron as chamadas encrucilladas e petroglifos, escritura nas pedras da prehistoria. Así como outras manifestacións da relación do ser humano e a natureza.

Ademais de contemplar este marabilloso patrimonio histórico e natural, tamén poderán admirar unha marabillosa panorámica da vila desde o monte do Castro.

Esta ruta comezará ás 10:30 horas na Praza do Concello para despois dirixirnos a O Castro, onde se reunirá o grupo, e acabariamos no mesmo lugar sobre as 14:00 horas.

Para asistir a estas rutas hai que inscribirse na páxina de facebook TURISMO EN COVELO, no correo electrónico oficinaturismocovelo@gmail.com ou chamando ao 638 015 428 dando o nome e un teléfono de contacto.

Recoméndase levar roupa cómoda e botella de auga.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade