Actualidade e Noticias



Luz verde ao proxecto de renovación da iluminación pública exterior en Covelo
- 17/01/2023 -

O concello actuará en 1.398 puntos de luz para substituir as luminarias actuais por novas de tecnoloxía LED e conseguirá un aforro do 70%
O último pleno do Concello de Covelo no 2022 deu luz verde ao proxecto de execución e ás actuacións a acometer para a renovación do alumado público exterior que terá un custo total de 866.144,05€. Unha actuación que recibíu o apoio da DUS5000 no marco do Programa de Rexeneración e Reto Demográfico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do goberno de España.


Unha economía saneada, as boas relacións coas distintas administracións e a presentación dun bo proxecto ao IDAE ((Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía de España, entidade pública empresarial, adscrita ao Ministerio para a Transición Ecológica) foron as claves para recibir esta axuda directa do 100%. O Concello de Covelo comeza o ano coa renovación completa do seu alumamento público conseguindo un aforro do 70% e dando cumprimento aos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías e aos ODS 11 e 13 que promoven cidades e comunidades máis sostibles e accións polo clima.


O Concello actuará en 1.398 puntos de luz dos 1.563 existentes para substituir as luminarias actuais por novas de tecnoloxía LED xa que as restantea contan con esta tecnoloxía. Ademais, tamén reformará 81 dos 84 cadros existentes para adaptalos á normativa vixente e instalarase un sistema de telexestión en cabeceira que permite obter e xestionar información detallada sobre consumos, mantemento e fluxos luminosos. Con esta actuación diminuirase a potencia de 139,71 kW a 53,71kW e tamén as emisións de CO2.


Apostar por tecnoloxías máis eficientes e menos contaminantes é un dos compromisos adquiridos por este Concello cando nos sumamos ao Pacto das Alcaldías e está na nosa axenda diaria contribuír, dende o local, á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para un mundo máis igualitario e respectuoso co planeta”, explica o alcalde Pablo Castillo.


Neste senso tamén suliña que neste mesmo pleno aprobouse o orzamento para este ano 2023 por un total de 1.927.402,71€. Uns orzamentos sociais que priman o investimento en políticas de igualdade e acurtar as desigualdades. Así, destinaranse esforzos e gasto público en facilitar a conciliación familiar e laboral, en formación e na mellora dos servizos públicos locais. Este ano investiranse máis cartos no servizo de axuda a domicilio e seguirase apostando polo servizo de Atención Temperá, a escola infantil, apoio á ANPA para ofrecer o servizo de aula matinal e continuarase co programa PROVIVIENDA.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade