Actualidade e Noticias



O servizo €Coidados Porta a Porta€ ofrecerá consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria en Covelo os días 25, 26 e 27 de maio
- 02/05/2022 -

As persoas interesadas deberán solicitar cita previa e a unidade estará ubicada na área de autocaravanas preto do centro de saúde
O Concello de Covelo informa que os vindeiros días 25, 26 e 27 de maio o programa “Coidados Porta a Porta” da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia estará en Covelo para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a todas as veciñas e veciñas maiores de 55 anos que así o soliciten mediante cita previa.


O autobús sanitario estará na zona da área de autocaravanas preto do centro de saúde en horario de 09:00 a 20:0 horas e todas as persoas que queiran pedir cita terán que facelo a través do número de teléfono 622.748.283 ou do enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade